Entre frecuentes alusións a Castelao. a quen se homenaxea no propio título. Os tres de nunca é a historia do Bocoi. do Patacón e mais do Milorde. tres amigos ben diferentes entre si. por clase social. formación. traballo. mesmo aparencia física. aos que decontado separará a Guerra Civil. Trátase dun texto coral de estrutura fragmentaria onde van entrando. saíndo e recuncando moitos outros personaxes unidos por viviren na cidade da Coruña e pola sorte de que velen por eles os trasnos. outrora petrificados nos canzorros de todas as igrexas rurais. Non é este un relato sobre a Guerra Civil: crúzaa en escenarios de Galiza. Asturies. Madrid e... París. mais non se detén nela. senón que persegue os seus personaxes por toda a Guerra Mundial en Francia. Inglaterra e sobre todo en Galiza. á marxe de toda épica. para deterse na equívoca actitude dos gobernos británicos fronte ao franquismo. É esta tamén a historia de como guerra e política transforman os seres comúns. como «unha boa persoa» chega a converterse nun infame sen dubidar que está a obrar ben. como a desidia. o medo. a preguiza e a alienación acaban por estragar os nobres ideais. A intervención do marabilloso non chega para mudar o curso da Historia cando o encadeamento dos conflitos consegue aterrorizar os propios seres diminutos que enchen os nosos campos. aldeas e cidades. Novela monumental que transita polos vieiros do memorialismo ficcionalizado. sitúa a Nacho Taibo como un dos narradores de referencia da narrativa galega de entre séculos.