O presente continuo é o tempo verbal do permanente correr. aparentemente inapreixable porque en canto se toca. convértese automaticamente en pasado. É o tempo do constante movemento. da vida que non cesa. do latexar das relacións que perduran fronte a ventos e mareas. fronte a maremotos. mesmo. Mais se cadra hai xeitos de apreixalo. de abrazalo. de entendelo nun contexto. A través dos ecos de gravacións. que foron nun momento o inmediato e que de socate volven e forman ondas novas de presente. Presente continuo é esa gravación atopada no camiño por quen viviu e se detén a esculcar. Unha gravación que marca os dez anos daquela primeira viaxe á India en 1994. da relación cambiante e fluída con lugares que xa non definen ben os nomes coñecidos. con culturas. con persoas. con formas de vida que son xa parte do cotián. do ser afortunadamente descentrado. Novamente. o tempo xoga con nós e escoitamos esa gravación no presente que marca os case vinte anos de enguedellarse coa outra. porque o tempo nunca se detén. Presente continuo é a voz que tenta lembrar que o pasado só ten relevancia cando permite construír un presente diferente.