Hallo! Tracked shipping to Austria with Delivery Duty Paid for just €3.99  

Ship to
Austria
0
  • argentina
  • chile
  • colombia
  • españa
  • méxico
  • perú
  • estados unidos
  • internacional

Select your country

Americas

Europe

Rest of the world

portada LINGUA GALEGA E LITERATURA 1º BACHARELATO (in GLG)
Type
Physical Book
Publisher
Year
2022
Language
GLG
Pages
1
Format
Paperback
ISBN13
9788499954004
Edited in
España

LINGUA GALEGA E LITERATURA 1º BACHARELATO (in GLG)

González Avión, Isabel;Ínsua López, Emilio Xosé (Author) · BAIA · Paperback

LINGUA GALEGA E LITERATURA 1º BACHARELATO (in GLG) - González Avión, Isabel;Ínsua López, Emilio Xosé

New Book Imported to Austria
Delivery: 16 Dec - 29 Dec Shipping: 10 to 15 business days.
80,52 €
Import costs and 10% VAT included in the price ✅
80,52 €

Synopsis "LINGUA GALEGA E LITERATURA 1º BACHARELATO (in GLG)"

Subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades da Xunta de Galicia. Este material inclúe materiais debidamente revisados, postos ao día e adaptados ao novo currículo, cun formato de presentación en 16 unidades, cun Glosario e un Anexo gramatical finais. Estes materiais foron experimentados e mellorados ao longo de moitos cursos e son o froito dunha práctica docente constante e real, a pé de aula. As unidades atenden desde un enfoque competencial, mediante recursos tanto teóricos como prácticos, os dez grandes obxectivos do nivel e os catro grandes bloques de contido que contempla o novo currículo: 'As linguas e os seus falantes', 'Comunicación', 'Educación literaria' e 'Reflexión sobre a lingua'. A novidade fundamental que incorpora o manual de Lingua Galega e Literatura de 1º de Bacharelato con respecto a anteriores edicións constitúena os PROXECTOS. Os proxectos son un conxunto de 64 propostas, a razón de 4 por Unidade, que, facendo pé nunha base firme de contidos substanciais e rigorosos, atende tanto os procesos como os produtos e permite a abordaxe de aspectos como a igualdade de xénero, a diversidade sexual, a natureza, a lusofonía, a multiculturalidade, o coñecemento do medio xeográfico e social, a interacción interxeracional... Cada un destes aspectos aparece identificado no libro pola correspondente icona, de maneira que sexa máis doado organizar a súa abordaxe e secuenciación opcional ao longo do curso. Este conxunto de proxectos que ofrecemos ten como obxectivo que o alumnado, individualmente ou de forma colectiva, consulte fontes de información variadas e interdisciplinares;realice traballos incorporando formatos multimodais mediados polas novas tecnoloxías e relacionados cos diferentes ámbitos de comunicación;realice exposicións e argumentacións orais con diferente grao de planificación sobre diversos temas de interese;aprenda a investigar de maneira autónoma con rigor e espírito crítico;e despregue, en derradeira instancia, a súa creatividade e autoestima. Particularmente, esta proposta persegue desenvolver as seguintes habilidades ou competencias: - o traballo en equipo. - as competencias dixitais. - as competencias orais multimodais. - a capacidade de producir textos escritos multimodais coherentes. - o sentido crítico e a selección de información pertinente. - a autoestima e a creatividade, convertendo o alumnado no protagonista do proceso de aprendizaxe. - o traballo interdisciplinar (música, historia, xeografía, TIC, ciencias naturais...) As propostas de PROXECTOS enunciadas no libro compleméntanse na Aula Virtual con indicacións, orientacións metodolóxicas, bibliografía e webgrafía.

Customers reviews

Frequently Asked Questions about the Book

All books in our catalog are Original.
The book is written in GLG.
The binding of this edition is Paperback.

Questions and Answers about the Book

Do you have a question about the book? Login to be able to add your own question.

Opinions about Bookdelivery

More customer reviews